Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
14:42
h

Clases de costura e bolillos, maxia e informática o vindeiro mes no Pino

O Pino. O Concello do Pino xa ten lista a programación cultural de novembro. Retomaranse as clases de bolillos e costura tras o éxito colleitado en anteriores edicións e, ademais, a veciñanza poderá aprender a realizar os trámites en liña máis habituais nun curso de informática práctica, ao tempo que a rapazada de entre 5 e 12 anos poderá gozar dunha tarde semanal de obradoiros e xogos na aula aberta da biblioteca.

A novidade en novembro será unha escola de maxia, que contará con dúas horas de clase á semana para aprender a facer os mellores trucos. As clases de costura terán ata tres quendas para satisfacer a gran demanda coa que xa contaron en anos anteriores. Haberá así mesmo dous grupos nos cursos de bolillos e de informática.

Este último será eminentemente práctico “e está pensando para axudar á veciñanza a desenvolverse nunha realidade cada vez máis dixital”, sinalan dende o Concello.

Xa pensando na cativada, a biblioteca municipal abrirá as súas portas nas tardes dos mércores ou xoves, segundo a demanda, de cinco a sete, coa iniciativa de conciliación Aula aberta. Obradoiros temáticos, xogos cooperativos, contacontos ou un club de lectura son algunhas das propostas das que poderán gozar os nenos e nenas do Pino.

Por último, como gran novidade, O Pino estreará a súa Escola de maxia, na que os mércores ou xoves, tamén segundo a demanda, as persoas interesadas poderán desenvolver habilidades para converterse en grandes ilusionistas. As inscricións hai que facelas no centro sociocultural Luis Seoane ou no teléfono do mesmo: 981 511 065. c.e.

27 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.