Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Colisión de dous coches deixa catro feridos no concello de Arzúa

O accidente que ocorreu ao redor das 14:00h obrigou a cortar o tráfico na N-547 // Unha das persoas dannificadas tivo que ser evacuada en helicóptero

    Un total de catro persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser evacuada nun helicóptero medicalizado, onte, debido a una colisión entre dous coches no municipio coruñés de Arzúa, informou o 112 Galicia.

    Ademais, isto obrigou ao corte do tráfico durante horas na N-547 en ambos sentidos da circulación, mentres os servicios de emerxencias traballaban no lugar dos feitos.

    O accidente ocorreu ao redor das 14:00 horas, cando o Centro Integrado de Atención a las Emergencias (CIAE) recibiu a alerta a través do sistema automático de chamadas de emerxencia e-call.

    A partir de aí, os xestores do 112 activaron un operativo no que interviron ademais dos profesionais sanitarios, os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil da localidade.

    Así, tras chegar ao lugar dos feitos, a Policía Local comunicou ao 112 Galicia o peche da N-547, no punto kilométrico 60, á altura do Rendal, en ambos sentidos para facilitar o traballo dos profesionais na evacuación dos feridos.

    Unha vez evacuados os feridos e finalizado o traballo dos servicios de emerxencias, os axentes de Tráfico confirmaron que a circulación da vía quedou totalmente restablecida. Efe

    23 sep 2020 / 16:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.