Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
01:00
h

Condenan a BBVA a pagar 76.686 euros

Tordoia. O BBVA foi condenado a abonar ó Concello de Tordoia 76.686,97 euros máis intereses por cobro indebido de derivados financeiros, según informaron os responsables municipais.

Explican que deste xeito, o Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Santiago de Compostela acaba de estimar parcialmente a demanda que o Concello interpuxo ante o BBVA por dous derivados financeiros implícitos en sendas operacións de préstamo firmadas no ano 2007.

A sentenza deixa claro que por parte do Banco non se informou adecuadamente ó cliente nin se explicou o funcionamento riscos do derivado nin os custes que suporía a súa cancelación, o que supuxo a efectos prácticos un xuro do 18 por cento unha vez que o Concello liquidou toda a súa débeda bancaria.

O alcalde, Antonio Pereiro, manifestou a súa satisfacción por dita resolución, si ben entende que si a cláusula foi ilegal na cancelación das operacións de préstamo tamén o debe de ser durante a vida útil dos mesmos.

Por todo isto, vaise a valorar co despacho de avogados Pérez-Lema o posible recurso da sentenza, ao entender que a indemnización debería ser por un importe superior, segundo explican. arca

05 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.