Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Conta atrás na Casa de Correos de Arzúa: estará lista este ano

A arquitecta sinala que os traballos avanzan segundo o esperado, pero que agora hai que estudar os restos arqueolóxicos que se acharon

O pasado 8 de xaneiro coñecíase que arrancaban na antiga Casa de Correos de Arzúa os traballos para rehabilitala e convertela así nun edificio de uso público destinado a actividades culturais. A empresa OREGA S.L. está a ser a encargada de desenvolver este proxecto que fará que o inmoble pase a ser un centro cultural cun amplo xardín traseiro, e que terá conexión directa co albergue público de peregrinos e coa Capela da Madanela. Os labores, que eran unha materia pendente dende hai anos, teñen un custo de 600.000 euros e dende o Concello agradecen ao Ministerio de Fomento que sexa o promotor de ditas actuacións.

Despois de tres meses de rehabilitación, esta semana coñecíase que durante os traballos acháronse uns restos arqueolóxicos que aínda teñen que estudarse, pero que poderían pertencer a un convento do século XIV. Este xornal púxose en contacto coa arquitecta, María Mestre, quen apuntou que “aún no se sabe que pasará, las administraciones están valorando los restos”. Segundo explicou as obras están a realizarse conforme o esperado e a previsión é “terminar a finales de año”, indica María Mestre, “pero ahora todo depende de este hallazgo”, engade.

As actuacións dentro do edificio implicarán a recuperación da construción orixinal, eliminando os engadidos e instalacións propias do seu uso residencial, tales como a cociña, a cheminea e o aseo. Sobre a base de muros de carga de pedra conformaranse as distintas plantas de piso e cubertas. Manteranse os espazos da construción orixinal a excepción da zona de acceso. As comunicacións entre a planta baixa e a primeira serán a través dunha escaleira lonxitudinal e un elevador.

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.