Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Continúa en Tordoia a campaña para revitalizar o comercio local

Hai ata finais de mes para entrar no sorteo de febreiro dun dos tres bonos de 100 €

Tordoia. A costa de xaneiro será máis dura ca nunca este ano e os pequenos comercios son os que máis o notarán. Durante o período de Nadal foron moitos os concellos que se esforzaron por sacar adiante campañas para fomentar as compras nos negocios locais e hai algúns que aínda manteñen este proxecto. É o caso do Concello de Tordoia que baixo o título de ‘Xunto somos máis no comercio local’, desenvolven dende o pasado 21 de novembro unha iniciativa que convida á veciñanza a consumir na vila. Todos os que decidan mercar nos pequenos comercios poderán facerse con agasallos económicos.

Son un total de 34 os establecementos que están a participar neste campaña e en cada un deles ao mercar, os consumidores recibirán un cartón composto por seis selos. Cada 10 euros (como mínimo) de compra obterase un selo e ao completar os 6 (que poderán ser do mesmo negocio ou de diferentes) cubrirase o bono cos datos persoais e depositarase nunha das urnas habilitadas nos establecementos colaboradores.

Todos os cartóns entrarán no sorteo de tres vales de cen euros, que deberán gastarse nos negocios do municipio. Aínda hai ata finais deste mes para optar a estos premios económicos, posto que será en febreiro cando se faga o sorteo. De momento, en verbas do rexedor, Antonio Pereiro, a iniciativa “está a ser un éxito” e especialmente no caso dos supermercados, que tamén se inclúen nesta proposta de apoio ao comercio.

ARZÚA Tamén o Concello de Arzúa ten en marcha un proxecto para animar a investir nos pequenos establecementos. De momento aínda non arrancou porque está aberto o prazo para que se adhiran os locais. Leva por nome ‘Arzúa a túa tenda’ e conta coa colaboración de AECA (Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa). Nesta caso van emitirse uns bonos que custarán 30 euros e que permitirán mercar produtos de ata 50 € nos comercios colaboradores. O prazo para gastalos será ata o día 12 de marzo e será compatible co período de rebaixas. Todos os negocios do municipio que desexen formar parte da iniciativa deberán poñerse en contacto con AECA (teléfono 981 81 50 49). A. PRADA

10 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.