Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Critican a arrogancia do rexedor ordense no pleno

Ordes. O BNG de Ordes valora “positivamente” a achega de 1.182.117 da Deputación da Coruña para o POS+, pero non que o goberno esquecera “unha vez mais” a dotación de servizos de abastecemento de auga ou saneamento ao rural. Ademáis, critican a “arrogancia” e “covardía política” dun alcalde popular que non cre urxente destiñar parte dos 5,2 millóns de Tesourería a apoiar ao comercio e hostaleiros, mercar inmobles para vivenda social e estender a traída e sumidoiros polo rural.

Sobre os proxectos propostos polo alcalde, neste caso sen ter solicitado propostas aos grupos “como se viña facendo ata o de agora”, o portavoz nacionalista, Pablo Vidal, sinalou que resulta unha “barbaridade” propoñer pavimentar a pista principal da parroquia de Vilamaior que une o límite con Mesía coa AC-524 pasando polo Casal ou pola Armada, ou a pista que une Carballedo coa Rúa en Buscás con rego asfáltico, e ao mesmo tempo propoñer pavimentar con aglomerado en quente ramais interiores con moito menos tránsito, pero tamén derivar 383.005 euros a gasto corrente. o.d. vilar

30 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.