Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Critican que a climatizada de Melide leve tres anos pechada

Melide. O PP de Melide critica que, logo de tres anos de goberno bipartito AM-PSOE, a piscina climatizada municipal continúe pechada.

“Non hai escusa para tal despropósito, apunta a portavoz popular, Dalia García, quen defende que este feito está sendo unha eiva para Melide e uns veciños que, co goberno bipartito de Pérez e Prado, “pagan máis impostos e teñen menos servizos”. E de entre estos, un que o PP considerou e considera fundamental: a piscina climatizada. “Tres anos perdidos, tres anos de pérdida continuada de mozos e mozas que se teñen que desprazar a outras vilas, tres anos nos que as familias teñen que pagar do seu peto o desprazamento a outros lugares se queren facer deporte, coidar a saúde ou mesmo desfrutar dun anaco de ocio-deportivo”, sinalan.

Lembran que agora, a apenas 250 días das eleccións municipais, “aproban un crédito extraordinario para facer unha obra cuxo presuposto alcanza case o millón”. ODV

25 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.