Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Culpan ás obras da A-54 pola eliminación dunha parada do bus no Pino

O Pino. A Consellería de Mobilidade vén de poñerse en contacto co Concello do Pino para programar unha reunión na que recoller as valoracións dos veciños de Castrofeito, que na actualidade están a sufrir problemas coa súa parada, tal como trasladaron á Xunta o catro de marzo.

Esta parroquia viuse afectada polas dificultades que provoca a autovía A-54 Lugo–Santiago para unha comunicación fluída dende a antiga estrada nacional N-547 con este núcleo de poboación. O Goberno galego xa informara desta circunstancia ao Ministerio de Fomento durante a execución das obras, “pero non se tiveron en conta as peticións”, aseguran ó respecto.

Agora, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade traballa para acadar unha solución que mellore a atención do transporte público a esta parroquia na súa conexión con Santiago de Compostela mantendo, á vez, un servizo de calidade. M. Manteiga

11 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.