Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dalia García nega que haxa trato de favor no proxecto aprobado en xunta polo GDR

Melide. O pasado 27 de xullo, segundo informacións aportadas tanto polo PSOE melidense como por Adiante Melide, aprobábase na reunión da xunta directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo “unha proposta na que Dalia García Couso figura como promotora dun proxecto de rehabilitación dunha Casa Reitoral no Concello de Toques, para a construción dunha pensión ao pé do Camiño de Santiago”, describen os membros de Adiante Melide. O proxecto recibía a maior puntuación superando a “outras iniciativas sociais como un centro de día para o concello do Pino”, puntualizan os socialistas.

Ambas formacións piden explicacións ante o sucedido, posto que aseguran que García ostenta o posto de secretaria no GDR e consideran que “estamos ante a aprobación dun proxecto particular dun membro da directiva do GDR, Dalia García, que se financiará con cartos públicos”, critican ditos partidos.

Ante tales declaracións, a voceira do PP melidense, Dalia García, quixo deixar claro que “neste momento non exerzo ningún cargo retribuído nin recibo nada de ningunha Administración pública. No GDR exerzo como secretaria, cargo que tampouco está retribuído para ningún representante da xunta directiva”. Lembrou que o representante do Concello de Melide no GDR votou a favor do proxecto, “cuestión que resulta incongruente logo do comunicado dos dous grupos políticos con responsabilidades de goberno, xa que o GDR é un foro aberto no que deberían quedar plasmadas todas as inquietudes”, sentencia.

“Dubidar da valía obxectiva e técnica do propio GDR é un erro que vai en contra do propio órgano que tanto ten beneficiado a todo o territorio ao longo das súas case tres décadas de existencia”, sinala.

Remata dicindo que “vou tomar as medidas oportunas ao atentarse contra os meus datos persoais”. Dende o GDR indicaron que tanto o proxecto do Pino como o de Toques contaron coa súa aprobación, pero aínda non están decididas as axudas, posto que están a ser avaliados por Medio Rural. C.E.

04 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.