Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Denuncian a retirada de bancos en Leboreiro

MELIDE. Unha veciña de Leboreiro, parroquia de Melide, púxose en contacto con este xornal para dar queixa da retirada dun banco por parte do Concello que servía como descanso para os peregrinos ao seu paso pola zona. Segundo contou, o banco molestáballe a unha veciña “porque decía que estaba ubicado enfrente de su casa”. Agora, contou, o goberno local puxo outro que “también van a quitar por las quejas de la misma vecina”, asegura. Denuncia ao Concello polo trato de favor á susodita e advirte de que “ya pusimos una queja en el Concello”. Dende o goberno local explican que “todas as intalacións e modificacións de bancos ou de calquera mobiliario urbano segue criterios técnicos”. Unhas pautas coas que se busca darlles un “mellor uso para veciños e camiñantes”. Informan asimesmo de que se trata dun “problema veciñal” e que “con todo o respecto” dende a Corporación municipal non entran nunca en disputas dese tipo. C.E.

23 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.