Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desaloxan en Touro un local que estaba aberto pasada a media noite

A Garda Civil logrou identificar dez persoas, e entre elas, varios eran menores de idade

Touro. Axentes do posto da Garda Civil de Arca, do de Boimorto e persoal da Compañía de Santiago acudiron o pasado domingo ata un furancho de Touro para comprobar se permanecía aberto máis alá das 23.00 horas (límite horario imposto na loita contra a pandemia). Unha vez chegaron ao local, confirmaron que efectivamente estaba funcionando ás 00.50 horas.

No exterior os axentes divisaron cinco vehículos estacionados e sentiron ruído que procedía do interior. Cando se achegaron á entrada principal atoparon a porta pechada e varios cans soltos pola finca. Percorreron o perímetro da mesma e descubriron a un gran número de persoas que escapaba pola parte traseira do establecemento. Segundo fontes policiais, detectaron polo menos a quince e puideron identificar dez. Dentro deste grupo, varios eran menores. Entre os que non lograron identificar, os axentes sinalan a unha parella que atravesou unha finca de labradío, facendo caso omiso das indicacións.

Cando se dispuxeron a inspeccionar o local, comprobaron que había cinceiros chegos de cabichas e un forte olor a tabaco. Asemade detectaron que algúns dos consumidores non levaba posta a máscara de seguridade.

A Garda Civil saldou o operativo con sete denuncias administrativas por varias causas, entre elas, incumplir o toque de queda de 11.00 a 06.00 horas sen causa xustificada, e superar o límite máximo de persoas que poden reunirse, tanto conviventes como non conviventes. A.P.

03 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.