Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
As tarefas lévanas a cabo os alumnos do Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra

Desbrozan e limpan de maleza o cumio do Coto de San Sebastián, no Concello de Touro

Os alumnos desempregados que forman parte do Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 desbrozaron e limparon de maleza nestes últimos días o Coto de San Sebastián, no Concello de Touro. Este miradoiro, de 385 metros de altitude, está entre as parroquias de Loxo e Fontes Rosas, e dende alí pódese divisar o Pico Sacro, o aeroporto de Lavacolla, todas as localidades da contorna e as serras de Farelo, Candán e Barbanza.

Os traballadores do obradoiro de emprego, que aínda seguen traballando nesta área, despexaron a zona de maleza, desbrozaron os toxos e xestas e retiraron a vexetación que impedía desfrutar das vistas que desde alí se poden apreciar. No Coto de San Sebastián atópase un castro de forma ovalada que circunda o cumio. Según os expertos, está composto por un recinto definido por un terraplén e unha terraza que fai de antecastro na zona norte. Toda esta área tambén foi despexada de maleza e agora apreciase os muros que discorren arredor do cumio de San Sebastián e nos que se adiviñan as construcción do castro.

Os 20 alumnos desempregados que se están a formar no Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra 2019 retomaron a inicios de verán a súa actividade tras o parón a causa da pandemia da covid-19. Esta iniciativa de formación financiada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria está liderada polo Concello de Touro e tamén participan o Concello de Boqueixón e o Concello de Vedra. O Obradoiro Dual de Emprego Ulla-Boqueixón-Touro-Vedra comenzou en novembro de 2019 e as súas especialidades son Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Os participantes nesta iniciativa de formación e emprego dual, procedentes de Touro, Boqueixón e Vedra, poden combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses con outro de prácticas de, como mínimo, tres meses nunha actividade vinculada á materia do obradoiro. Concretamente, en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en conservación e mellora de montes, os alumnos e alumnos traballan na limpeza e acondicionamentos en fincas municipais, zonas verdes, áreas recreativas, pistas deportivas, masas común e camiños en todos os concellos participantes. Estes días os 20 alumnos están formándose no Concello de Touro. Esta iniciativa de emprego rematará a finais do próximo mes de novembro.

21 sep 2020 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.