Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Docobo amosa aos veciños do Pino secretos do firmamento da man da USC

Contou cos profesores Campo e Luca Picotti as anécdotas do Triángulo do Verán

O Pino. Nunca Xúpiter, Saturno e outros corpos celestes que forman o Triángulo de Verán (Vega, Altair e Dened) estiveron tan preto do Concello do Pino, onde puideron ser observados polas trinta persoas que participaron no programa Camiño de Estrelas, promovido polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (da USC) para trasladar ao público a relación da Vía Láctea co Camiño.

José Ángel Docobo, director do Observatorio, e os profesores Pedro Pablo Campo e Luca Piccotti foron os encargados de contar o pasado venres algunhas anécdotas dos planetas do sistema solar e da propia Vía Láctea e a súa relación co Camiño de Santiago.

Grazas aos dous telescopios que desprazaron ata a praza do Concello, en Pedrouzos, veciños e veciñas do Pino puideron ver os aneis de Saturno, o planeta Xúpiter e tamén algunha das estrelas que conforman o Triángulo de Verán: Vega, Altair e Dened.

O programa Camiño de Estrelas –coordinado por Turismo de Galicia– estase a desenvolver en cinco comunidades autónomas polas que pasan os itinerarios da Ruta Xacobea situados máis ao norte da península (Aragón, Castilla y León, Cantabria e Asturias, ademais de en Galicia).

Tras o seu paso polo Pino, o vindeiro 10 de setembro José Ángel Docobo e os seus colaboradores desprazaranse ata a vila de Fisterra e o 11 de setembro estarán na praza do Obradoiro, en Santiago. O programa completo pódese ver na web (www.usc.gal/astro/caminos_estrellas/caminos_de_estrellas.htm). m.m.

30 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.