Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Efa Piñeiral marida os licores e doces galegos

Un total de 10 alumnas do primeiro e segundo curso do Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría da Efa Piñeiral (sita en Arzúa) e dous docentes, participaron no seminario impartido polo Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A sesión correu a cargo da enóloga e destiladora Sonia Otero.

A través deste taller, as estudantes do centro arzuán puideron coñecer as características diferenciadoras dos destilados 100 % galegos, así como as súas variadas aportacións á cociña en xeral e á repostaría en particular. Asemade, a enóloga dirixiu unha cata comentada na que lles amosou as diferenzas nas distintas fases de cata de dous orujo de Galicia elaborados con distintas variedades de uva (albariño e mencía). Otero axudou tamén ás alumnas da EFA Piñeiral a distinguir entre augardente de herbas e licor de herbas galegos. Finalmente degustouse o licor café de Galicia.

Todo isto serviu de base para artellar posibles combinacións dos augardentes e licores con produtos típicos da zona. Neste punto, non faltou a maridaxe cos doces tradicionais de Melide (melindres, ricos e amendoados) e cos queixos da DOP Arzúa-Ulloa.

18 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.