Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Eliminan nas inmediacións do río Furelos un vertido

Melide. A Xunta de Galicia vén de eliminar un punto de vertido nas inmediacións da praia fluvial do río Furelos, no concello de Melide. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco tras informar á Consellería de Sanidade dunha afección existente nunha canle de derivación do río Furelos cara a un muíño, que na actualidade está en desuso.

Os traballadores comprobaron que a citada afección se manifestaba en forma de irisacións superficiais e restos de graxa e hidrocarburos, pero non puideron detectar a orixe da mesma, ao sospeitar que se trataba de restos dun vertido botado directamente á canle de derivación.

Afortunadamente, o río Furelos non sufriu afeccións porque as dúas comportas da canle estaban pechadas, favorecendo que os restos quedasen retidos. O inspector do Plan de Control de Vertidos e un representante do Concello de Melide retiraron o vertido con barreiras e mantas absorbentes, para a súa posterior xestión. Acto seguido, confirmouse a emenda do vertido.

Esta non é a primeira vez que o Furelos se ve ameazado por esta causa, xa que son moitas as denuncias feitas polos membros da Asociación de Troiteiros Río Furelos. c.e.

17 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.