Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

En fase de contratación as obras para mellorar a estrada que une Viaño Pequeno e Castenda

Trazo/ Tordoia. Dende os Concello de Trazo e Tordoia informan de que xa están en fase de contratación as obras de mellora da capa de rodaxe da estrada que une Viaño Pequeno con Castenda (Tordoia), dende a estrada DP-8401 (Tablilla a Agro do Mestre por Pontepedra) e a DP-5903 (Ordes a Portomouro por Puentechonia). Segundo indican fontes municipais os traballos van consistir na mellora da capa de rodaxe en aglomerado en quente en todo o tramo que mide 2.790 metros cun ancho mínimo de 6 metros e máximo de 9 nalgunha parte da obra.

A actuación, que se realliza de forma conxunta entre o Concello de Trazo e o de Tordoia, conta cun orzamento total de 245.210 euros contando cunha achega por parte da Xunta de Galicia de 50.000 euros.

Por certo que no plano cultural, ambos municipios proseguen con actividades para divertir a veciñanza nestes meses de calor. Trazo acollerá o día 20 na piscina municipal o espectáculo Bravas, de man de A Gramola Gominola ( hai que anotarse no 981 689001). Pola súa parte, Tordoia celebrará o 28 tamén na piscina o Día da Auga. Hai que inscribirse no 981 683006. c.e.

18 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.