Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entra en servizo o centro sociocomunitario adicado a Isabel Zendal en Ordes

Ordes. O novo centro sociocomunitario ordense Isabel Zendal vén de comezar a súa actividade estes días e, dende primeira hora, o persoal do servizo de atención temperá, así como as persoas usuarias, xa ocuparon as salas e espazos destinados para tal fin situadas no terceiro andar denominado 22 Anxos.

Ademais, as persoas maiores de Ordes disporán da sala Balmis, no primeiro andar. Alí poderán levar a cabo as actividades e encontros que durante os últimos anos viñan realizando no baixo ubicado na rúa Reconciliación.

O servizo de atención temperá, dependente de Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, estará aberto de luns a venres. Ademais do seu horario matinal os luns e xoves ofrecerán os seus servizos pola tarde, ata as 20.00 horas, e os martes e mércores ata as 19.00 horas. Está previsto que o primeiro que acollerá o espazo polivalente da planta baixa e a planta segunda serán as actividades de conciliación de verán, as cales van dirixidas á cativada de 3 a 12 anos. O Summer Camp iniciarase o 23 de xuño e durará ata setembro.

Para actividades orientadas propiamente ao público xuvenil e a mocidade resérvase o uso do segundo andar, bautizado como Expedición. A nomenclatura escollida para o inmoble, que custou 885.000 euros e incluiu axudas da Xunta, está inspirada na xesta filantrópica que, grazas a filla predilecta deste municipio e ao doutor Balmis, levou a vacina da varíola no ano 1804 ata o Novo Mundo. M.O.

10 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.