Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entra en vigor en Melide o plan contra
os incendios

Meldie. Melide vén de publicar a aprobación definitiva do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais. O documento queda ao dispor de toda a veciñanza tanto na Casa do Concello como no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica municipal.

Segundo explican os responsables municipais, o plan especifica cales son as fincas do termo municipal afectadas polas franxas secundarias. O Concello lembra, neste sentido, ás persoas propietarias das parcelas situadas a menos de 50 metros de vivendas que teñen a obriga de mantelas limpas de maleza, piñeiros, eucaliptos e acacias, a fin de reducir o risco de incendio nas proximidades de áreas habitadas.

O plan foi inicialmente aprobado en xunta de goberno local o pasado 19 de agosto deste ano, despois de ser avalado por parte da Consellería de Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte. Despois dun período de exposición pública entra finalmente en vigor.

Indicar, por último, que desde o goberno local de Melide amosan a súa satisfacción por un documento “que axudará nos labores para prever e combater os lumes forestais”, dín nun comunicado feito público. arca

04 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.