Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entregan os títulos da zona de Maceda e Orois, Melide

Melide. O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural vén de informar de que se vai realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Maceda-Orois, no Concello de Melide. O lugar ao que deben acudir os interesados é o Centro Sociocultural Mingos de Pita, e o día previsto é o vindeiro 30 deste mes, entre as 10.00 e as 14.00 horas.

“Os títulos poderán ser retirados polos interesados, ou outra persoa no seu nome, presentando o recibo que no seu día se lles entregou”, lembran dende o Concello. “Todos aqueles propietarios que non o teñan poden adquirilos presentando o seu DNI, ou en caso de recollelo en representación de outra persoa, deberá presentar o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario coa copia do mesmo”, indican.

De 10.00 a 11.00 é a entrega para os propietarios da parroquia de Orois (con recibo); de 11.00 a 12.00 para os de Maceda (lugares de Casal, Casalmeao, Casas Novas, Castiñeiroa e Donide). De 12.00 a 13.00 deben pasar os de Maceda dos lugares de Lobeiro, Maceda, Marrás, Paraños, Pardiñeiros, Penela, Piñeiro e A vila. Os propietarios, de ambas parroquias, sen recibo, deben ir de 13.00 a 14.00. C.E.

23 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.