Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Enxalzan en Melide o traballo dos centros de formación da Xunta para os desempregados

Melide. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este xoves aos alumnos e aos docentes do centro de formación de Melide (U.A.F), que depende da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Concretamente, tivo a oportunidade de asistir á celebración do curso de cociña que forma a dez alumnos cunha achega da Xunta de 37.299 euros.

Nesta instalación estanse a desenvolver en total tres cursos nos que se están a formar 33 alumnos grazas a un investimento da Xunta de máis de 66.0000 euros. O Goberno galego dispón na área de Santiago doutros tres centros en Ames, Santiago e Negreira. E entre os catro, ofrecen 495 prazas de formación para desempregados en 33 cursos diferentes, o que supón un investimento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que supera os 661.300 euros en total.

Gonzalo Trenor destacou que á hora de programar a formación que se imparte nestes centros, a Xunta de Galicia ten moi en conta “as necesidades do tecido produtivo de cada unha das zonas, co fin de adaptar os perfís profesionais do alumnado ás demandas actuais das empresas”. Por iso, os cursos que se imparten nestes centros citados abranguen áreas como xardinería, estética, informática, carpintería, atención socio sanitaria ou cociña.

O delegado da Xunta tamén sinalou que “a formación é unha peza clave para mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas, xa que non hai mellor política social que a política de emprego”, sentenciou. c.e.

13 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.