Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Esixen o remate das parcelarias de Ordes despois de agardar trinta anos

Ordes. O BNG ordense lembra que no municipio existen media ducia de procesos de concentración parcelaria abertos “cuxa tramitación supera xa os 30 anos de duración”.

Trátase dos procedementos de Bean-Pereira, Mercurín-Lesta II, Parada, San Paio de Buscás, Santa Cruz de Montaos e Vilamaior-Barbeiros, “atinxindo a nove das trece parroquias do noso concello”, segundo as mesmas fontes. Para o voceiro nacionalista, Pablo Vidal, “resulta inadmisible a esaxerada duración destes seis procedementos no noso concello, o cal está a afectar a unha superficie de 6.374 hectáreas, o que supón un corenta por cento da superficie total do noso concello”.

Por iso, defenden que se inste “á Consellería do Medio Rural a levar a cabo as actuacións precisas para o remate destes procesos de concentración parcelaria, poñendo os recursos necesarios para elo”. c.g.

28 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.