Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Formación para os maiores de
50 anos do Pino

O Pino. Volve ao municipio do Pino o programa de formación universitaria Camiños de coñecemento e experiencia, un proxecto destinado aos maiores de 50 anos. Está previsto que se celebre no centro sociocultural Luís Seoane, en seis sesións que se desenvolverán entre as catro e media e as seis da tarde.

A programación botará a andar o xoves 27 de maio cun seminario que aborda como se escribe a historia, a cargo de Anxo Rodríguez, investigador da Facultade de Xeografía e Historia da USC. As clases continuarán ata o 4 de xuño. A matrícula é de balde e para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello. A.P.

15 abr 2021 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
USC
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.