Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades avalía quince propostas para o seu proxecto de aforro enerxético

Grazas a dita actuación poderase reducir o gasto en máis de 68.000 euros anuais

Frades. O proxecto de aforro enerxético do Concello de Frades atópase en fase de licitación, concretamente estanse a avaliar as quince propostas presentadas. En todo caso, segundo fontes municipais, o contrato deberá estar asinado antes do 1 de maio. O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro, explica que “o proxecto permitirá mellorar o alumeado público da vila, substituíndo varios alumeados municipais que se atopan deteriorados polo paso do tempo e con equipos obsoletos”, sinala.

De feito, agrega o edil, grazas a esta actuación “poderemos reducir o gasto en máis de 68.000 euros anuais e tamén mellorar o noso medio ambiente ao diminuír a contaminación lumínica e as emisións de CO2”. En concreto, este novo proxecto permitirá reducir o consumo enerxético en 315.950 kWh.

Actualmente, o alumeado público componse de 994 luminarias repartidas en 65 cadros. Coa excepción dos 280 puntos de luz cambiados no 2020, as instalacións empregan luminarias obsoletas cun rendimento moi baixo. Esta iniciativa permitirá reformar 617 luminarias e 34 cadros eléctricos de Frades, de modo que as instalacións terán cualificación enerxética A. A.P.

16 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.