Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades axuda ás persoas con problemas de mobilidade

Frades. Os veciños e veciñas de Frades mostran interese polo novo servizo gratuíto do Concello consistente no préstamo de axudas técnicas para a mobilidade. É por iso que dende o goberno local lembran que vai dirixido a persoas cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150 % do IPREM, así como á veciñanza con limitacións funcionais graves que necesitan axuda doutra persoa para actividades básicas da vida diaria. Tamén está dispoñible para aquelas persoas que, por motivos temporais, teñan reducida a mobilidade.

Todas elas poderán acceder de forma gratuíta a un catálogo inicial de produtos que inclúe camas articuladas, cadeiras de rodas, andadores e guindastres para levantar ou pousar ás persoas. Dito servizo súmase aos de Axuda no Fogar, teleasistencia, podoloxía, fisioterapia, bono-taxi ou peiteado a domicilio que xa oferta o Concello fradense.

O servizo de préstamo será de 18 meses, salvo casos excepcionais, como falecemento ou solicitude de baixa por parte da persoa usuaria, uso indebido da asistencia técnica ou perda dos requisitos de acceso ao servizo. A aprobación do mesmo concederase segundo a orde de recepción das solicitudes. C. E.

04 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.