Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades dará apoio ás persoas sen mobilidade

Frades. O Concello de Frades vén de poñer en marcha un servizo gratuíto de préstamo de axudas técnicas para a mobilidade dirixido a persoas cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150 % do Iprem. Poderán acceder de forma gratuíta a un catálogo inicial de produtos que inclúe: camas articuladas, cadeiras de rodas, andadores e guindastres para levantar ou pousar ás persoas.

O alcalde, Roberto Rey, explica que “o obxectivo deste servizo é mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas que non dispoñen dos recursos económicos para acadar unha maior autonomía persoal. O que buscamos é facilitarlles un pouco o seu día a día tanto a elas como ás persoas coidadoras”. arca

12 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.