Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades dirixirá o Plan Único a melloras na vía e proxectos sociais

Por primeira vez nos últimos catro anos acollerase ao préstamo provincial para reducir débeda en 44.197 €

O pleno do Concello de Frades vén de aprobar o Plan Único de Concellos (POS+ 2021), do que destinará 96.714,85 euros a obras, 185.629.42 a gasto corrente e 44.197,48 € a amortizar débeda. Unha proposta que saíu adiante cos votos a favor do PP e coas abstencións de PSOE e BNG. Así mesmo, na sesión deuse luz verde (a favor: PP e BNG, e abstívose o PSOE) a participar no POS+ Adicional 2021, “que destinará 112.502,68 euros a financiar gastos sociais extraordinarios”, apuntan dende o goberno local.

O Concello investirá os 185.629,42 € da Achega 2021 á financiación de gasto corrente e, por primeira vez nos últimos catro anos, acollerase ao Préstamo Provincial para reducir débeda en 44.197,48 euros. Así mesmo, empregará 72.502,68 € do POS+Adicional a ampliar o servizo de axuda a domicilio e os de perruquería e podoloxía a domicilio; mentres que os 40.000 euros restantes irán a medidas para a atención das persoas especialmente vulnerables.

En canto ás obras, a Corporación municipal vai dirixir 96.714,85 euros á financiación de dous proxectos. O primeiro consiste na mellora do viario nos accesos a Tarrío (Papucín) e outros, orzamentado en 61.080,29 euros, e que inclúe o arranxo de oito pistas do municipio. O segundo é a mellora do viario da pista AC-524 a Ponte Carballa (Abellá) por 35.634,56 euros. Para dar continuidade a esta proposta, o pleno aprobou tamén un Plan Complementario orzamentado en 203.216,52 € para adecentar o camiño da AC-524 (Abellá) e Vilar de Arriba, que implica tamén o arranxo do camiño de San Mauro a Cachada. O alcalde, Roberto Rey, sinala que “apostamos por anchear as principais estradas e pistas para aumentar a seguridade”.

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
POS
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.