Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades inviste case 28.000 euros para arranxar tres pontes

Acometéronse traballos nas cabezas dos tubos e recheos para paliar os danos dos temporais

O Concello de Frades vén de investir case 28.000 euros no arranxo de tres pequenas pontes do municipio; uns viadutos que resultaron danados durante os temporais do pasado inverno. Según explicaron dende o goberno local, as tres pasarelas nas que se acometeron os traballos están ubicadas nas pistas Quintá-Papucín, San Mauro-Frades e Carballal-Papucín.

O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, informa que se tratou de “pequenos arranxos nas cabezas dos tubos e algúns recheos para paliar o que levou a riada daqueles días”.

Estes labores foron postos en marcha con fondos propios a través dun contrato menor. O investimento (27.749 euros) permitiu asemade a colocación de tubaxes para a recollida de pluviais na Gándara, na parroquia de Abellá. Ademais, segundo indican dende o Concello, con esta cantidade executáronse unhas cunetas en formigón en Tarrentos, en Añá.

Trátase por conseguinte de obras de mantemento básicas, que era urxente acometer para garantir a seguridade viaria. Hai que lembrar que estes días o goberno está a levar a cabo varias obras; de feito, vén de instalar xogos infantís e un circuíto biosaudable no local social de Añá.

Xa no eido cultural, hai que destacar que a administración local tamén está a incentivar este mes actividades. A vindeira proposta prevista é o espectáculo musical Patrimonio natural, de Mamá Cabra, que se representará o vindeiro sábado 17 no multiusos municipal. Está dirixido a nenos de entre 3 e 9 anos. A actuación mestura música, teatro e danza de man de Gloria Mosquera e Tomi López. A entrada é de balde, pero hai que reservar praza chamando ao número 981 965 567.

15 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.