Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades leva á praia de Boiro aos veciños todos os xoves

Frades. Chega o verán e o Concello de Frades organiza un ano máis o programa Xoves de Praia. O areal escollido para os vindeiros meses é o de Boiro e en total serán cinco xoves de xullo e catro de agosto os días nos que se realicen as saídas á praia. Segundo informan dende o goberno local son en concreto os días 1, 8, 15, 22 e 29 do vindeiro mes e os días 5, 12, 19 e 20 de agosto. As prazas son limitadas e hai que anotarse polo menos o martes anterior a cada saída no 981 695567.

Os empadroados deberán aboar 7 euros por día, ou ben poden escoller pagar 30 por todo o mes de xullo ou 25 por agosto. Para os non empadroados o prezo aumenta a 10, 40 e 32 respectivamente. Os menores de 12 pagarán 5 euros por día. C.E.

23 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.