Frades, Ordes e Mesías solicitan un novo obradoiro de emprego para 20 parados
Frades. Frades aprobou por unanimidade, no pleno de maio, solicitarlle á Consellería de Economía unha subvención de 503.000 euros para desenvolver o obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo V, promovido polos concellos de Frades, Mesía e Ordes. Un obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas, durante 9 meses e outros 3 de prácticas en empresas, nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte.
O proxecto conta cun orzamento de 570.000 euros, dos que algo máis de 66.000 serán achegados polos tres concellos. Ordes será o encargado da xestión do proxecto, que formará a 20 persoas paradas (10 de Ordes, 5 de Frades e outras 5 de Mesía) durante un período de 12 meses, 3 dos cales serán facendo prácticas nas empresas que colaboren e ás que a Xunta subvencionará 500 euros por cada alumno/a. s. e.