Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades porá mesas informativas do 8M nas feiras de Ponte Carreira e Abellá

Frades. “No amor, non todo vale”. Esta é a lenda elixida este ano polo Concello de Frades para conmemorar o oito de Marzo, Día Internacional da Muller. Ademais de continuar coas campañas formativas no colexio e no instituto, este ano a iniciativa ábrese á poboación en xeral, á que se pretende chegar nos tres próximos días de feira: Ponte Carreira (26 de febreiro e 12 de marzo) e Abellá (4 de marzo).

A concelleira de Igualdade, Ángeles Álvarez, explica que “imos celebrar unhas xornadas de información e asesoramento coincidindo coa celebración dos mercadiños. Para iso contaremos cun punto de información nas feiras locais en Ponte Carreira e en Abellá nos que se repartirá material e se facilitará asesoramento a todas as persoas que se acheguen polo posto”.

Paralelamente, o Concello continuará coas actuacións no CPI e no IES, onde xa se está desenvolvendo un proxecto de teatro-foro para a educación en valores. arca

28 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.