Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades rozou dúas veces as pistas das aldeas o ano pasado

O Concello contou cunha brigada contratada ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural // A campaña comezou tarde

O concelleiro de Medio Rural e Limpeza Viaria, Manuel Ferreiro Marzoa, deu conta durante a última sesión plenaria da finalización da campaña de roza de pistas e estradas municipais de Frades, que se pechou con máis de 1.200 quilómetros de estradas rozadas. “Durante este ano actuamos entre tres e cinco veces nos principais eixos de comunicación de Frades e rozamos dúas veces as pistas e as estradas de todas as parroquias, e fixemos unha pasada aos 120 quilómetros de pista de monte durante o mes de setembro”, explicou o edil Ferreiro Marzoa.

Frades foi un dos primeiros concellos en contar con todo o seu territorio municipal concentrado. Unha vantaxe produtiva que ten tamén o seu contratempo: “dispón dunha rede de camiños e estradas municipais moi superior á de outros concellos de maior tamaño, o que supón tamén un maior gasto á hora da súa conservación e mantemento”, explican fontes do goberno local. Concretamente, a rede municipal de pistas e estradas da vila suma máis de 600 quilómetros, dos que 120 correspóndense con pistas de monte.

Esta campaña de roza albergou diferenzas respecto ás de anos anteriores. Por unha banda, o confinamento supuxo que se iniciara un par de meses máis tarde. A primeira pasada fíxose en maio e xuño, mentres que a segunda tivo lugar no último trimestre de 2020. Así mesmo, tamén se evitaron as rozas especiais que o goberno programa en cada parroquia coincidindo coas festas. Outra novidade foi que este ano o Concello contou cunha brigada municipal de 5 persoas contratada ao abeiro dun convenio de prevención e loita contra os lumes forestais asinado coa Consellería do Medio Rural. A brigada rozou 10,5 hectáreas de parcelas municipais.

13 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.