Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades solicita a senda Ponte Carreira-Aiazo

FRADES. O pleno de Frades aprobou por unanimidade solicitarlle á Deputación da Coruña a construción dunha senda peonil entre Ponte Carreira e Aiazo na DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, unha vez que o Concello rematou o estudo topográfico solicitado polo ente provincial. Así, o proxecto Mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, Pk 14.45 a Pk 16.825, na marxe esquerda incrementa o seu orzamento dos 393.000 euros iniciais aos actuais 525.312 euros. O alcalde, Roberto Rey, xa informou do proxecto ao presidente provincial durante a sinatura do convenio para a adquisición dun tractor. “Ao coñecer o novo orzamento, suxeriron a posibilidade de dividilo en dous proxectos, algo que non ten sentido porque sería facer unha senda que quedara no medio do monte ou que non levara a ningures”, explicou o rexedor. Considera que isto “non sería xusto” vendo “as sendas que hai noutros municipios”, sentenciou. C.E.

14 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.