Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades solicita fibra óptica para as dezanove zonas brancas da vila

Telefónica xa comezou en 50 núcleos coas obras que permitirán unha mellor conexión

Frades. O pleno municipal de Frades aprobou na última sesión, por unanimidade, solicitar a cubrición dos 19 núcleos de poboación que “non teñen

cobertura nin previsión de despregamento de fibra óptica ou outra solución de conexión a internet”, explican dende o goberno local.

Todos os grupos municipais acordaron formular a petición tanto á Secretaría de Estado de Telecomunicación e Infraestruturas Dixitais do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital; como á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia e ao operador Telefónica SA, por ser o de maior presenza no municipio. O alcalde, Roberto Rey, explicou que “grazas ao Plan de Banda Larga 2020 da Xunta e co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración do Estado, cincuenta núcleos de poboación da vila que carecían deste servizo pasarán a dispoñer de fibra óptica ao longo deste ano”. Por iso, insiste, “pedímoslles que inclúan en próximas convocatorias as 19 zonas brancas existentes”.

De feito, Telefónica vén de iniciar estes días os traballos de despregue da fibra nestos 50 núcleos, e continuarán ata finais de ano. a.p.

17 mar 2021 / 18:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.