Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Frades ten case cubertas a metade das prazas do seu campamento

Frades. Ata o 25 de xuño está aberto o prazo para anotarse nos campamentos de verán do Concello de Frades, actividade que terá lugar entre o 1 de xullo e o 31 de agosto no CPI de Ponte Carreira e noutras instalacións municipais en horario de 09.30 a 13.30 horas. A proposta está dirixida a nenos e nenas en idade escolar (maiores de 4 anos) e poderán anotarse tanto a rapazada empadraoda como a que non o esté.

No caso dos empadroados deberán aboar 100 euros, se optan por desfrutar dos campamentos na súa totalidade; 50 se están un mes; e 25 se escollen unha quincena. Para os non empadroados os prezos son de 160, 80 e 40 euros, respectivamente. Hai descontos do 50 % para familias numerosas e do 20 % para o segundo irmán. Hai que inscribirse no 981 695 567. De momento, según fontes municipais, hai anotados 21 rapaces dun máximo de 45. Terán preferencia os empadroados. C.E.

08 jun 2021 / 17:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.