Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades ubica o punto limpo móbil en Añá todo este mes

Frades. O Concello de Frades informa de que ata finais deste mes de agosto o punto limpo móbil estará situado na Praza da Igrexa de Añá (parroquia do municipio de Frades). E é que, segundo indican fontes municipais, irá rotando polas parroquias, o que fará este servizo máis accesible a toda a veciñanza.

Lembran aos usuarios que hai que ser responsables co que se pode ou non depositar nel, xa que non todo vale. No punto limpo poderán deixarse pilas alcalinas e de botón, pequenos electrodomésticos, aceites minerais e vexetais, bombillas de baixo consumo, tubos fluorescentes, aerosois, baterías, pinturas, vernices, disolventes, cartuchos de tinta, calzado e teléfonos móbiles. Para obter máis información pódese contactar co Concello de Frades no número de teléfono 981 695 567.

Por certo que, dende o goberno local, lembran que a pesar de que agosto remata, non o fai a programación de verán. O vindeiro sábado 27 está previsto un campionato de pádel na piscina municipal a partir das 16.00 horas. Haberá premios especiais para os finalistas. E para o vindeiro mes de setembro aínda quedan pendentes unha excursión de catro días a Navarra e á Rioxa e un contacontos no multiusos. C. E.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.