Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Frades vai promover axudas de 400 euros para o fomento da natalidade

Frades. O Boletín Oficial da Provincia publicaba onte as dúas ordenanzas reguladoras de axudas do Concello de Frades: unha de ata 400 euros para promover nacementos de fillos/as, adopción u acollemento no Concello e outra das axudas de bono-taxi para persoas maiores de 65 anos. Dúas axudas que a veciñanza poderá comezar a solicitar a partir deste venres.

A convocatoria estará aberta durante todo o ano, e as solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral ou a través da sede electrónica.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “o obxectivo destas dúas axudas é favorecer que a xente quede no rural. Para iso apostamos por crear unha liña de apoio ás familias para o fomento da natalidade e, por outra, por un bono de transporte que facilite o desprazamento dos nosos maiores a calquera centro sanitario do Sergas na provincia con cita previa”

Para acceder á subvención de natalidade será preciso que cando menos un dos proxenitores estea empadroada en Frades cunha antelación mínima de 12 meses á data do parto, adopción ou acollemento; así como que se atopen ao corrente das súas obrigas tributarias. As axudas serán, como máximo de 400 euros por fillo/a. No caso de partos múltiples ou adopción de máis dunha crianza, terase dereito a percibir o 100 % para cada fillo. Así mesmo, a familia comprométese a seguir empadroada por un período mínimo doutros dous anos. A convocatoria está aberta todo o ano. M. RENDUELES

14 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.