Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Galardón para a Festa do Queixo de Arzúa este ano no Festival Ibérico

a mellor celebración a nivel nacional durante a súa quinta edición

Arzúa. Esta fin de semana celebrouse a quinta edición dos premios do Festival Ibérico, unha cita que estaba programada para celebrarse en Lisboa, pero que tivo que facerse de forma telemática por mor da pandemia do coronavirus. Esta iniciativa recoñece o traballo dos organizadores de eventos e de todos os xogadores da industria do festival.

De entre a lista de gañadores hai que destacar ao Festival do Queixo de Arzúa, que foi galardoado como a Mellor Festa, na categoría nacional. Un premio que, según din dende o Concello, chega nun ano especialmente difícil. “Este recoñecemento serviranos para seguir mellorando e afrontar aínda con máis forza esta próxima edición”, sinalan dende o goberno local.

O resto de categorías e gañadores nacionais foron: como mellor festival maior impulsado por Sga, Bilbao BBK Live; o mellor festival de mediana talla resultou Bons Sons; na categoría de mellor festival pequeno gañou Ribera Sacra Festival; na de mellor festival novo impulsado por Sgae galardoaron a Festival de Sonido Polar; como mellor festival interior resultou Bime Live; dentro da mellor alineación resultou gañador Edp Cooljazz; como mellor promoción turística distinguiuse a Festival Med; e como mellor hosting e recepción impulsada por GatRooms, gañou Bons Sons.

A mellor infraestrutura foi para Edp Cooljazze, e o programa cultural para La Mar de Músicas. No ámbito da mellor estratexia de comunicación e márquetin resultou gañador o Festival de Dreambeach, e o provedor de servizos foi BraceIn. Como mellor uso da tecnoloxía destaca Volkswagen Driving Music.

O resto de categorías que se recoñeceron foron a mellor activación de marca, o mellor festival académico e xuvenil, a mellor actuación en vivo, contribución na sostibilidade, festival hispano e lusófono, mellor foto de festival, socio de medios, mellor festival non musical, mellor evento profesional, premio Inatel e premio á excelencia.

Hai que lembrar que o Festival do Queixo é unha das citas máis recoñecidas do municipio arzuán. A pasada edición (a 45) celebrouse, posto que tivo lugar antes do estado de alarma (entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo) e unha vez máis reuniu gran cantidade de stands e actividades no recinto feiral. A. Prada

20 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.