Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Grandes ofertas nas tendas participantes os días 12 e 13 deste mes no Mercamelide na rúa

Melide. A Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide, en colaboración co Concello, celebrará o venres 12 e o sábado 13 de agosto o Mercamelide na rúa en máis dunha vintena de comercios locais da vila con grandes descontos e cunha ampla variedade de artigos.

Nesta edición de Mercamelide na rúa participan vinte e dous comercios de proximidade de diversos sectores, que son: Noguerol Cociña e Baño, Toysmaniatic Melide, Pequeniños Zapatería Infantil, Mis Mejores Labores, Flor de Toxo, Perfumería Lyss, Stardemoda, Sueños Moda Infantil, Colorín Colorado, Romero Zapaterías, Tu Boutik, Modas Alfonso, Calzados Broz, Electrosan, Mercería Marvi, Shako Moda, Creacións MJ, M&, M Moda, Diva Pro, Sisuka, Vilela e Magnin.

O horario das tendas será o habitual de cada unha de mañá e tarde. Ademais, cada tenda adherida a esta iniciativa contará cunha decoración especial, unha alfombra de cor violeta na entrada e folletos informativos cun mapa onde estarán marcados todos os negocios do Mercamelide na rúa para que a veciñanza e os visitantes poidan localizar todos os comercios participantes. c.e.

04 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.