Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Homenaxe ó crego Campaña Ferro na comarca ordense

Visantoña. O aforo do restaurante Manteiga de Mesía, con 170 comensais, quedouse pequeno para acoller a homenaxe ao crego e intelectual Gumersindo Campaña Ferro (Valga, 1942), moi coñecido pola súa implicación co mundo rural na comarca ordense durante medio século de sacerdocio. Entregáronlle unha placa de prata e todo o seu agarimo, aproveitando tamén para celebrar o 80 aniversario do relixioso. Entre os seus méritos, historiadores como Manuel Pazos, de Obradoiro da Historia, sinalan o activismo agrario, paixón pola cultura (tamén foi colaborador da revista O Lorcho), ecoloxismo e o seu labor polo servizo aos feligreses de tantas parroquias. M. Manteiga

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.