Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investigan a un veciño de Trazo polos danos no castro de Lestrove

Foron os residentes da zona os que alertaron do destrozo que se produciu nunhas obras

Trazo. A patrulla do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de O Milladoiro, en colaboración co posto de Sigüeiro, abriron unha investigación contra un veciño de Trazo como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico por causar danos ao castro de Lestrove, un xacemento arqueolóxico catalogado co código GA15086013, sito na parroquia de San Pedro de Benza, durante unhas obras.

Foron os residentes da zona os que alertaron dos danos polos traballos nun terreo de masa común en concentración parcelaria. Efectivos do Seprona do Milladoiro e do posto de Sigüeiro acudiron ao lugar e comprobaron que o agora investigado derribara parte do ben protexido, destruíndo elementos da súa defensa característica e alterando a orografía do terreo.

O castro data da Idade do Ferro e está inventariado pola Xunta de Galicia con protección integral e área de cautela. Trala identificación do presunto autor dos danos ao xacemento, a Garda Civil deu conta das investigacións ao Xulgado de Instrucción de Ordes, que leva o caso.

Hai que sinalar que Trazo é un municipio rico en castros e moitos deles aínda se conservan. Proba disto é que moitas aldeas levan o nome de Castro. c.e.

14 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.