Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Licitan as obras para humanizar a rúa Compostela na vila de Ordes

Ordes. O Concello ordense abriu na plataforma de contratación do sector público a licitación das obras de humanización da rúa Compostela e doutras intervencións en diversos puntos do municipio, con prazo aberto ata o 20 de xuño. Trátase dun proxecto conxunto por 320.717 €, cantidade que será sufragada con parte do remanente de Tesourería do ano 2021. Na renovación dos pavimentos da rúa prevese un carril de circulación de 2,70 metros de anchura, delimitado por dúas franxas de pavimento de lousa de pedra. Executaranse 315 m² de nova beirarrúa granallada de 60x40 cm e incluirá unha liña de estacionamento. CG

28 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.