Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Licitan as obras para mellorar a seguridade no vial entre O Pino e Touro

TOURO/O PINO. A Deputación da Coruña saca a licitación por 238.231,59 euros o proxecto para a mellora da seguridade viaria na estrada que vai de Fonte Díaz a Santa Irene, que une os concellos de O Pino e Touro. O deputado responsable da área de Vías e Obras, José Manuel Pequeño Castro, explicou que as obras, que contan cun prazo de execución de dous meses, levaranse a cabo nun traito de 4,6 quilómetros na estrada DP-6602 de Fonte Díaz a Santa Irene. Concretamente, iniciaranse no punto quilométrico 0+000 e rematarán no 4+655 co obxectivo de adecentar o estado do firme e mellorar a seguridade vial na zona. En primeiro lugar sanearase a capa superficial da estrada, e posteriormente dotarase unha nova capa de rodadura, para rematar coa instalación de nova sinalización. O prazo para presentar ofertas remata o día 26. C.E.

31 mar 2021 / 18:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.