Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Luz verde á nova depuradora de Arca, que estará rematada en 2022

O Pino. A Corporación do Pino aprobou onte por unanimidade o proxecto de construción da nova depuradora de Arca, que será licitada e financiada integramente pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, cunha inversión de 2,1 millóns de euros, e que servirá “para evitar os problemas que existen actualmente na parroquia de Arca, sobre todo nas épocas de verán, cunha maior afluencia de peregrinos”, sinalan fontes municipais.

Construirase na zona na que se atopa a actual. “Supón un proxecto moi importante para o municipio porque nos axudará a eliminar un problema de contaminación”, indicou o alcalde Manuel Taboada, quen engadiu que “a actual estación non ten capacidade suficiente”. Dita iniciativa acolle tamén a posibilidade de poder conectar nun futuro “as parroquias de Pereira e Castrofeito a esta nova depuradora”, sinalou o rexedor.

Aínda que o proxecto contempla financiación para tres anualidades, segundo explicou o alcalde no pleno as “partidas máis importantes son as contempladas este ano, con 300.000 euros, e, sobre todo, o ano que ven, con 1.700.000 euros, quedando unha pequena partida de 50.000 euros para o 2023. Isto quere dicir que a depuradora estará rematada o ano que vén”, asegurou Taboada. O Concello terá que ceder os terreos para o proxecto. C.E.

22 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.