Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medio cento de afeccionados aos cogomelos participaron nas xornadas micolóxicas de Touro

Touro. Arredor de medio cento de afeccionados aos cogomelos e chegados tamén doutros puntos da comarca de Santiago participaron nas XVIII Xornadas Micolóxicas de Touro. A actividade, que estivo organizada polo Concello, comezou na casa da cultura. Alí concentráronse os interesados en participar na xornada, arredor de 50 persoas, maiores e pequenos. Foi o micólogo Jaime Blanco Dios o encargado de impartir unha charla sobre o mundo dos cogomelos. Esa explicación foi eminentemente práctica e serviulles aos amantes dos fungos para saír ao campo na procura de cogomelos.

Os afeccionados desprazáronse ata as parroquias de Fao e Novefones. Nos bosques do municipio de Touro, na beira do río Ulla, comezaron as tarefas de recollida de cogomelos. Os participantes atoparon moitas variedades de cogomelos e fungos, arredor de 100 especies diferentes, e contaron sempre coa axuda do micólogo, que se encargou de ir explicando cada un dos achados. Por último, e xa para rematar a xornada micolóxica, os participantes acudiron ata a casa da cultura da vila para clasificar e identificar as diferentes especies. c.e.

16 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.