Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide abona en menos dun día as facturas a todos os provedores

Asegura a concelleira de Facenda que os datos son mellores que os do 2º trimestre

Melide. O Concello de Melide informa esta semana que abonou as facturas aos seus provedores nunha media de 0,95 días, dende a aprobación correspondente da factura, segundo o dato feito público polo servizo de Intervención neste mes de outubro, referíndose ao terceiro trimestre do ano, que vai dende xullo a setembro. Un dato, lembran dende o executivo local, que “as entidades públicas están obrigadas a comunicar á administración estatal”, explica o goberno.

Esta cifra extráese “do último informe trimestral elaborado polo servizo municipal encargado das contas, que cada tres meses está obrigado a informar á administración

estatal da situación da facenda local”, indican. O concelleiro de Facenda, Xosé Igrexas, explica que “os datos deste terceiro trimestre son mellores incluso que os rexistrados no segundo deste ano que foi de 1,65 días, polo que agardamos seguir traballando nesta liña nos vindeiros meses”.

Dende a Área de Promoción Económica e Facenda do Concello de Melide congratúlanse de poder axilizar os pagos das contas nestes momentos, “para poder así, dar liquidez ás empresas ante a crise ocasionada polo pandemia do covid-19”, din. E é que este ano máis ca nunca toda axuda é benvida. C.E. .

18 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.