Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 diciembre 2021
03:22
h

Melide adhírese ao Sistema VioXén para protexer ás vítimas de violencia sexista

Entre xuño de 2018 e onte duplicouse nas vilas galegas a presenza desta ferramenta que defende ás mulleres

Melide-Arzúa. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou onte a súa determinación por avanzar na adhesión dos concellos galegos ao Sistema VioXén de Seguimento e Protección de Vítimas de Violencia de Xénero. Fíxoo no día en que o Concello de Melide pasou a formar parte deste sistema do Ministerio do Interior mediante a sinatura do protocolo entre o delegado do Goberno e o alcalde, José Manuel Pérez. No acto tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Fernando Pedreira, e o tenente alcalde de Melide, José Antonio Prado.

O Ministerio do Interior facilita aos municipios a súa incorporación á ferramenta VioXén, que permite facer un seguimento máis efectivo e adaptado ao risco de cada caso, ademais de mellorar as tarefas preventivas. José Miñones puxo en valor o traballo da Delegación do Goberno, das subdelegacións provinciais e das súas unidades de loita contra a violencia sobre a muller para incrementar o número de concellos galegos integrados en VioXén. Así, recordou que entre xuño de 2018 e onte, conseguiuse duplicar a presenza de municipios galegos nesta ferramenta: “Con Melide son xa 38 os concellos nos que a Policía Local colabora coas Forzas de Seguridade do Estado, o dobre que hai tres anos”. Agradeceu asemade a sensibilización da administración melidá na loita contra a violencia machista “que se materializa hoxe (por onte) nesta sinatura”, sinalou Miñones.

O delegado do Goberno realizou posteriormente unha visita institucional ao Concello de Arzúa acompañado pola subdelegada do Goberno na Coruña. Alí mantivo unha reunión co rexedor, José Luis García, e coa tenente de alcalde, Begoña Balado. No encontro avaliaron as actuacións que executa o Ministerio de Transportes na rehabilitación da Casa de Correos para centro cultural e os traballos que efectúa a Demarcación de Estradas en resposta a demandas do goberno local. Entre elas, a mellora de pasos de peóns e obras de drenaxe na travesía do casco urbano e en varios puntos da autovía ao paso polo municipio. C.E.

20 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.