Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide anima á rapazada a desfrutar do deporte nos seus campamentos

Melide. O Concello de Melide xa botou a andar os seus campamentos de verán e fíxoo, segundo fontes municipais, cun récord de participación. Agárdase que nesta primeira semana participen arredor dun cento de persoas nas actividades lúdicas e deportivas.

Desta vez, os campamentos incorporan unha novidade. E é que este evento anual amplía o programa e xunto ás tradicionais actividades lúdicas para nenas e nenos de 4 a 12 anos, incorporouse a modalidade deportiva, na que os participantes abarcan un rango de idade de entre os 8 e os 15 anos.

As prazas dentro da modalidade lúdica están completas ata a finalización do campamento mentres que na deportiva aínda quedan algunhas dispoñibles.

A concelleira de Cultura, Mayka Basalo, e o concelleiro de Deportes, José Prado, valoran moi positivamente a participación acadada e a implicación de todos os rapaces e rapazas nas actividades que se están a programar.

Asemade dende o Concello lembran que un dos obxectivos principais desta iniciativa de verán é a de lograr a conciliación laboral e familiar durante os meses de calor, período no que máis falta fai velar por esta necesidade.

Por certo que dende a corporación municipal lembran que as piscinas da Área Recreativa de Furelos abriranse ao público o 1 de xullo. O horario será de luns a domingo, de 12.00 a 20.00 horas. Tamén arrancan o mesmo día as inscricións para o Servizo de Madrugadores. A. PRADA

29 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.