Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide centrou a programación do 25N na formación dos máis novos

Melide. O goberno local de Melide fai fronte á violencia machista cun variado programa, que arrancou semanas atrás. Este venres, 25N, o alumnado do IES de Melide presentará o vídeo que elaboraron con motivo desta data, e como cada ano, lerase un manifesto institucional municipal ás 12.00 horas na Praza do Convento. Xa o vindeiro luns 28 celebrarase un obradoiro de prevención do acoso na rúa no IES de Melide. Por último, o sábado 3 de decembro, Redrum Teatro representará a obra 2PILGRIMS no centro sociocultural Mingos de Pita. O Camiño de Santiago, a igualdade así como as novas masculinidades son os temas nos que se centra esta aventura cativadora.

Nos días previos ao 25 de novembro realizouse un curso de autodefensa no pavillón municipal e representouse no centro sociocultural Mingos de Pita a obra Matrioskas, de Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. Trátase dun espectáculo musical e narrativo onde dúas mulleres cantan e contan historias sobre a muller, as experiencias vitais e compartidas. A dúas voces, a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira xuntan palabras e música para así revivir estas aventuras.

Asemade durante os días 21, 22, 23 e 24 deste mes desenvolvéronse en todos os centros educativos de Primaria e Infantil (CEIP Nº1, CEIP Martagona e CEIP Mestre Pastor Barral) espectáculos de teatro e baile coeducativo. Na escola infantil municipal e na Galiña Azul, pola súa banda, representouse o espectáculo Somos Super-Iguais.

O programa de actividades da vila melidense está organizado polo Concello de Melide, coa colaboración da Fundación Mujeres, a Xunta de Galicia e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. c.e.

25 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
25N
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.