Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide destina máis de 800.000 euros a obras e proxectos sociais

MELIDE. A Corporación municipal de Melide deu luz verde por unanimidade en sesión plenaria ás propostas para a participación da vila no Plan Único da Deputación da Coruña (POS+2021 e POS+Adicional 2021). As obras aprobadas, cun investimento total de 620.000€, “supoñen unha mellora nos servizos básicos da nosa vila”, sinalan fontes municipais. Entre elas atópanse a mellora da accesibilidade peonil na Circunvalación da Feira, a adecuación e posta en valor da Rúa Ovedo, a construción dunha senda peonil en Sabián e o arranxo do acceso ás instalacións do campo de fútbol. Por outro lado, o fondo social do Plan Único deste ano permitiralle ao Concello destinar 194.033,69€ a gastos sociais extraordinarios como programas de conciliación ou para garantir ingresos ás familias da vila en risco de exclusión. C. ESTÉVEZ

10 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.