Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide enche de boa música a tradicional feira de stocks deste verán

Actuarán Xavier Díaz & Adufeiras, A Banda da Loba e Garufa Blue Devils Big Band

Melide. Melide prepárase para acoller a súa tradicional feira de stocks de verán baixo o nome de Mercamelide, que terá lugar os días 13, 14 e 15 de agosto no Cantón de San Roque. Desta volta, o Concello programa varias actuacións paralelas á feira de stocks, todas elas de balde. Así, o venres 13, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán ás 22.00 horas no aparcadoiro situado detrás da Capela de San Roque. Ao día seguinte será o turno da Banda da Loba, que tocará ás 22.00 na Praza do Convento.

Pechará a feira de oportunidades a osquestra Garufa Blue Devils Big Band, ás 21.00 no aparcadoiro municipal. Para os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e da Garufa Blue Devils Big Band será preciso reservar entrada, cun máximo de dúas por usuario ata completar o aforo de 500 persoas. Dende o goberno local informan de que as entradas poden reservarse a través da plataforma www.ataquilla.com.

A entrada ao concerto da Banda da Loba, na Praza do Convento, será por orde de chegada. O Concello de Melide “levará a cabo un dispositivo especial de control para que os concertos se poidan realizar con seguridade sanitaria, velando polo estrito cumprimento dos protocolos sanitarios existentes”, aclaran fontes municipais.

A feira de stocks está organizada polo Concello de Melide e conta coa colaboración da Asociación de Empresarios da Terra de Melide CCA-Asetem. Haberá 14 stands que venderán os seus produtos a prezos baixos. C.E.

06 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.